29 diciembre 2008

BO NADAL


Desexo que todos os nenos o estedes pasando moi ben nestas vacacións de Nadal. Eu estou moi só na biblioteca do cole, pois non teño ningunha visita, pero recoñezo que o paso en grande viaxando polo mundo e correndo moitas aventuras grazas aos libros novos que hai na biblioteca.

Confio en que os Reis Magos vos traian algún libro de regalo para que poidades desfrutar da lectura tanto coma min.

Feliz Aninovo
BIBLIORATO




23 diciembre 2008

Outras culturas



Neste curso estamos a traballar sobre as diferentes culturas do mundo. No festival de Nadal, na obra de teatro que representaron os nenos do terceiro ciclo dirixidos pola profe de relixión vimos como se achegaban ao Portal de Belén xentes de todalas partes do mundo para adorar ao Neno Xesús.

Tamén o noso Belén que está na entrada do cole representa aos cinco continentes da Terra.

Con Lidia, a profesora de música, cantamos panxoliñas de diferentes paises.

Tamén colaboramos para elaborar un calendario sobre este mesmo tema: cada mes leva un debuxo feito por un alumno. Foi moi dificil escollelos pois eran todos moi bonitos. Esperamos que o resultado vos guste a todos.

21 diciembre 2008

Un dia de cine









O día 18 de decembro todos os nenos e nenas de primaria fomos ao cine a Carballo para ver a película "Madagascar 2".
A película gustounos moito e pasámolo xenial seguindo as aventuras do león Alex, a hipopótamo Gloria, a cebra Marthy e a xirafa Melman polas terras de África.


16 diciembre 2008

O XAXILEO AZUL

O curso pasado os nenos de segundo limos un libro moi bonito que se titula " O xaxilé azul". Conta a historia dun xabaril que non está contento de ser como é. De cada animal que vai coñecendo desexa ter algo: a cor azul dun peixe, o pescozo dunha xirafa, as longas patas dunha avestruz... ata que acaba por converterse nun animal moi estrano o que todos lle teñen medo. Estes son os debuxos que fixemos. video

10 diciembre 2008

Postais de Nadal




Iago Mouro e Lucia Pais fixeron estas postais tan bonitas. Foron seleccionadas para enviar ao concurso de postais de Nadal que convoca o Concello.... pero non levaron premio. Outra vez será.

NORABOA AOS GAÑADORES!

Toño se queda solo



Este é un dos libros que limos na clase de 2ºB.

É a historia de Toño, un neno que non quere aceptar na súa panda a una nena nova chamada Kelifa por ser árabe.
Pouco a pouco todos os seus amigos van deixando a pandilla ata que Toño se encontra totalmente só.





Os nenos do primeiro ciclo de primaria do colexio "Barrié de la Maza" de Santa Comba vamos a publicar neste blog moitas cousas : debuxos e traballos da clase de plástica, fotos de murais elaborados por nos coa axudas dos profes, falaremos dos libros que mais nos gustan e contaremos todas as cousas que ocurren no colexio.

Esperamos que nos guste a todos