16 diciembre 2009

AS ÁRBORES

Se prestas moita atención a PEDRO aprenderás moitas cousas sobre as árbores. Esta actividade foi elaborada pola Universidade de Illinois.






07 diciembre 2009

O MISTERIOSO PERSONAXE


Recordades o personaxe que apareceu polos pasillos do colexio?

Se tedes o xornal "A voz de Galicia" do domingo atoparedes información sobre él, na sección de ocio e cultura.

Propóñovos atopar en internet un conto sobre este personaxe. Tamén está a letra dunha canción e hai debuxos para colorear.


01 diciembre 2009

EU ESCOITO,TI LES, EL CONTA...

Na semana pasada visitaron a nosa bibioteca persoas moi coñecidas para ler contos en galego. Mirade con atención o video que montou a nosa Contadora de Soños. Aí están todos.

CONTACONTOS CON MAXIA on PhotoPeach

29 octubre 2009

XOGANDO CO SAMAÍN


Aprende e divírtete con este xogo.



22 octubre 2009

Preparando o SAMAÍN

Estamos a punto de celebrar o Samaín no centro. Dende a Biblioteca Bibliorato recoméndanos lecturas de medo que estan expostas na entrada do cole. Tamén teremos na vindeira semana lectura de contos terroríficos despois do comedor na biblioteca.
Para ir entrando no tema propóñovos que vexades este video que montaron os compañeiros do colexio Mestres Goldar de Vigo O RECANTO DE MIK con música de Mama Cabra


25 junio 2009

PARA XOGAR NAS VACACIÓNS


FELIZ VERÁN PARA TODOS!!

Xa chegaron por fin as vacacións e para que o pasedes moi ben aqui tedes uns pasatempos moi divertidos e veraniegos do portal educativo da Junta de Castilla y León.

05 junio 2009

ACTIVIDADES DE LINGUA

Aquí ides atopar un montón de actividades de lingua adaptadas para o noso ciclo. Espero que vos gusten e que vos sirvan de repaso.

Preme na imaxe ir as actividades


A aplicación foi realizada por Juan García Moreno, do Ceip Blas Infante de Sevilla, e atopámola no Recanto de Mik.

PROBLEMAS

Este gusano de seda axudaravos coa resolución de problemas. Espero que que vos saian todos ben. Neste enlace educalandia.net hai moitos outros xogos que tamén poden ser moi interesantes para repasar todo o que traballamos durante o curso.

Preme no gusano para facer os problemas

23 mayo 2009

INDIOS

Mirade cantas cousas aprenderos os nenos de 1º sobre os indios.

15 mayo 2009

EXCURSIÓN DE 2º


Os neno
s de 2º fomos de excursión. Viaxamos no Tren da Lingua dende A Coruña ata Betanzos. No tren acompañaronnos Piter e Lolo, uns personaxes moi simpáticos que nos fixeron rir moito. De volta para A Coruña, déronnos uns agasallos.
Pola tarde fomos a Casa da Ciencias. Alí vimos moitas cousas: unha incubadora con uns pitiños que estaban nacendo, un montón de xogos e experimentos que nos gustaron moito.
Pasámolo moi ben!





EXCURSIÓN 12 de maio Tren da Lingua Casa das Ciencias on PhotoPeach

12 mayo 2009

LETRAS GALEGAS 2009

Este ano o dia das letras galegas astá adicado a Ramón Piñeiro Neste video feito para os alumnos do CPI dos Dices podes aprender algo sobre él.



Despois podes realizar unhas actividades premendo nesta imaxe.



(Preme na foto)

05 mayo 2009

OUTRO RECOÑECEMENTO

Recibimos este bonito sello que nos envia Ismail dende o seu blogue A ESCOLA DE ISMAIL.
Agora temos que segundo as regras
deste xogo pasalo a outros blogues.
Decidimos pasar este selo a todos os blogues escolares que circulan pola blogosfera porque consideramos que todos son merecedores deste premio, por poñer os recursos que nos ofrece internet ao servicio dos alumnos.

01 mayo 2009

UNHA WEB QUEST

Para facer esta actividade e necesario que vexas primeiro o video EL CUENTO DE LOS CUENTOS, que xa vimos na biblioteca. Empieza na actividade 1 , despois fas a actividade 2, e rematas na actividade 3, (ten dous exercicios). Uha vez que remates esta WebQuest terás feitos os teus primeiros deberes en internet. Espero que disfrutes moito facéndoos.
Preme na imaxe e para empezar.

via interpeques

30 abril 2009

DOS PLUMAS DE ÁGUILA

Recomendo este libro porque é de aventuras, dos que me gustan a min. Conta a historia de un indio que quere conseguir as plumas da águia máis grande e poderosa da montaña para facer o tocado máis impresionante da tribu.

Iago 2ºB

29 abril 2009

EL CUENTO DE LOS CUENTOS

Visitando blogues amigos atopamos na Escola de Ismail unha película titulada "El cuento de los cuentos" que nos pareceu preciosa. Esperamos que disfrutedes véndoa.



EL VAMPIRILLO SIN DIENTES




Recoméndovos este libro porque está moi ben.
Trátase dun vampiro que non ten dentes e na escola non abría boca nin un segundo, nin sequera para falar, pero un dia fixeronlle rir e sen querer abruina. Xa vos imaxinades a que se armou.
Se queres saber mais, le este libro.

Ángel 2º B

25 abril 2009

A SEMANA DA POESÍA


Nesta semana, dentro das actividades programadas para o mes de abril, celebramos a semana da poesía.
Traballaremos na aula a poesía e ademais, durante a hora de ler, haberá lecturas na biblioteca por parte de profes e alumnos. Do noso ciclo vai ler Brais Gesto de 1º A.

24 abril 2009

OUTRO AGASALLO

Que ilusión!
Dende a
Tartaruga lectora chegounos un agasallo que nos enche de ledicia e nos da ánimo para seguir adiante co noso traballo.
Moitísimas grazas de parte de todos os nenos e nenas do primeiro ciclo do cole "Barrié de la Maza" de Santa Comba.

Regras
. Exhibir o selo violeta no blog coas regras.
. Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
. Avisar aos indicados, non te esquezas de iso!
. Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

Os blogs elexidos son:

En canto os poderes gustaríanos ter a variña máxica da fada madriña de Cincenta para arranxar os problemas do mundo e os poderes do Xenio da lámpada maravillosa de Aladín.

20 abril 2009

DESCRIBINDO ANIMAIS

Este traballo fixérono os nenos e nenas de 2ºC despois de buscar información sobre os animais na biblioteca do cole.


15 abril 2009

CONTOS POR TODO O COLEXIO

Hoxe os nenos de primeiro ciclo levamos unha sorpresa moi agradable. Na hora de ler , Mari Carmen contoulle a todos os nenos de 1º unha historia preciosa no campamento indio do pasillo de abaixo e Fernando, o profe de 2ºC contou no patio "As babuchas enmeigadas" para os de 2º.
Xa nos avisara Bibliorato nunha carta de que no mes de abril se iorían contos por todos os recantos do colexio.

14 abril 2009

UNHA GRATA SORPRESA


Dende o blog O recanto de Mik que nos serve de modelo a seguir, recibimos un agasallo precioso que nos enche de alegría e de ilusión para seguir traballando: "Olha que blog maneiro", que quere decir, mais ou menos, "mira que blog tan creativo, tan bonito...".

Moitas grazas Mik por acordarte de nós.

Este premio ten varias condicións:

- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Poñer o nome do blog que cho deu.
- Indicar os teus 10 blogs.
- Avisar aos indicados.
- Publicar as reglas.

13 abril 2009

EN ABRIL... LECTURAS MIL

Xa sabedes que o dia 23 de abril é o dia mundial do libro e con tal motivo neste mes haberá no centro actividades relacionadas cos libros.

O noso amigo Bibliorato dende a bibilioteca do centro recomendou unha serie de libros para este mes esperando que pasades a visitalo tan pronto cheguedes das vacacións.


Estas son as recomendacións para os nenos e nenas de 3 a 6 anos


Estes son os libros para os lectores e lectoras de 7 a 9 anos.


Por último os libros para os alumnos e alumnas de 10 a 12 anos.



31 marzo 2009

PLANTAMOS ÁRBORES

O venres pasado fomos a praia fluvial de Esmorode. Ali aprendemos moita cousas. Vimos as ferramentas dos bombeiros: o batelume, os guantes, a motobomba, a manta térmica, o casco...
Despois veu o alcalde de Santa Comba e xa fomos a plantar.
Os nenos do meu grupo plantamos un carballo.


Adrián 2ºB



22 marzo 2009

EDUCALANDIA: SUMAS, RESTAS E MULTIPLICACIÓNS

Con esta actividade podes facer as cuentas que ti queiras e comprobar os fallos e acertos.
ESPERO QUE SEXAS UN AUTÉNTICO CAMPIÓ
N OU CAMPIONA!


MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS

Que divertido pode ser estudiar matemáticas!
Anímate e entra neste xogo para divertirte e aprender. Practicarás o cálculo mental e pasaralo moi ben.


Se remataches de xogar, proba este outro e continúa repasando as matemáticas
.



AS FROITAS

Picando sobre o debuxo das froitas podes facer unha actividade moi entretida con puzzles, sopas de letras, buscar parellas...
Esta actividade vai adicada aos nenos e nenas de primeiro. Esperamos que vos guste.

10 marzo 2009

ANIMACIÓN Á LECTURA

Escoita atentamente o conto e logo fai as actividades que aparecen a continuación. Espero que che gusten e que as des acertado todas.
Pica no debuxo e... a pasalo
ben.


04 marzo 2009

LA PRINCESA SOFIA Y LA INCREÍBLE SORPRESA.


Recoméndovos este libro que trata de unha princesa que se chama Sofía e moi divertido e tamen é corto ten 6 capitulos. Pertence a unha coleccion que se chama o Club de las princesas e xa é o sexto que leo.

ELENA 2ºC

EL DEDO MÁGICO


Eu lin este libro e estaba moi ben.
Vai de unha nena de 8 anos que cando se enfada señala a quen lle fixo enfadar e ocorren cousas estranas.
¡ Anímate a lelo !

02 marzo 2009

Entroido 09

Esta é a nosa selección de fotos do primeiro ciclo no festival de entroido.


28 febrero 2009

FESTA DO ENTROIDO


Para poder ver as fotos da festa do entroido temos que ir ao blogue da nosa CONTADORA DE SOÑOS. Alí estamos todos: mexicanos, indios, samis, cíngaros, africanos, venecianos e peliqueiros.
Aproveitamos para felicitala por todo o traballo que está a facer.



26 febrero 2009

O CAMPAMENTO INDIO DE 1º

Os nenos e nenas de 1º teñen un precioso campamento indio levantado no seu pasillo. Aqui mostramos unhas fotos para que o vexades todos.
Verdade que é moi chulo?






16 febrero 2009

OS INDIOS

Este video vai adicado aos nenos e nenas de 1º que se van disfrazar de indios. Espero que vos guste a música india.
Se picades na palabra indios ou na imaxe ides atopar debuxos moi bonitos para colorear.




13 febrero 2009

Máis música sami

Se observas as fotografías aprenderás moito da vida dos samis. Segue desfrutando coa música de Mari Boine Persen.


Música dos samis

Espero que disfrutes con estas preciosas fotografías mentres escoitas a música de Mari Boine Persen. É unha cantante sami.

08 febrero 2009

Coñecendo aos Samis

No entroido os nenos de 2º ímonos disfrazar de Samis, un pobo que vive en Laponia, no norte de Europa.
Neste video podemos ver como é Laponia e os seus habitantes os samis.


06 febrero 2009

CORBIE


Corbie é un conto moi chulo. Trata dun corvo que era blanco e os demáis corvos non o querían.
Katia 2º B

04 febrero 2009

DECÁLOGO PARA A PAZ 2º


Os nenos de segundo estivemos a pensar sobre a paz dende un punto de vista positivo. Así buscamos todas aquelas cousas que nós e vos podemos facer para conseguir un mundo mellor. Propoñemos dez actuacións para traballar pola paz:
  • Ser todos amigos.
  • Xogar todos xuntos.
  • Coidar a todos.
  • Buscar a felicidade.
  • Negociar para chegar a acordos.
  • Dar amor a todo o mundo.
  • Que todo o mundo teña esperanza.
  • Mostrar cariño aos demais.
  • Non aforres en bicos e abrazos.
  • Necesitamos a todos para construir a PAZ