28 febrero 2009

FESTA DO ENTROIDO


Para poder ver as fotos da festa do entroido temos que ir ao blogue da nosa CONTADORA DE SOÑOS. Alí estamos todos: mexicanos, indios, samis, cíngaros, africanos, venecianos e peliqueiros.
Aproveitamos para felicitala por todo o traballo que está a facer.



26 febrero 2009

O CAMPAMENTO INDIO DE 1º

Os nenos e nenas de 1º teñen un precioso campamento indio levantado no seu pasillo. Aqui mostramos unhas fotos para que o vexades todos.
Verdade que é moi chulo?






16 febrero 2009

OS INDIOS

Este video vai adicado aos nenos e nenas de 1º que se van disfrazar de indios. Espero que vos guste a música india.
Se picades na palabra indios ou na imaxe ides atopar debuxos moi bonitos para colorear.




13 febrero 2009

Máis música sami

Se observas as fotografías aprenderás moito da vida dos samis. Segue desfrutando coa música de Mari Boine Persen.


Música dos samis

Espero que disfrutes con estas preciosas fotografías mentres escoitas a música de Mari Boine Persen. É unha cantante sami.

08 febrero 2009

Coñecendo aos Samis

No entroido os nenos de 2º ímonos disfrazar de Samis, un pobo que vive en Laponia, no norte de Europa.
Neste video podemos ver como é Laponia e os seus habitantes os samis.


06 febrero 2009

CORBIE


Corbie é un conto moi chulo. Trata dun corvo que era blanco e os demáis corvos non o querían.
Katia 2º B

04 febrero 2009

DECÁLOGO PARA A PAZ 2º


Os nenos de segundo estivemos a pensar sobre a paz dende un punto de vista positivo. Así buscamos todas aquelas cousas que nós e vos podemos facer para conseguir un mundo mellor. Propoñemos dez actuacións para traballar pola paz:
  • Ser todos amigos.
  • Xogar todos xuntos.
  • Coidar a todos.
  • Buscar a felicidade.
  • Negociar para chegar a acordos.
  • Dar amor a todo o mundo.
  • Que todo o mundo teña esperanza.
  • Mostrar cariño aos demais.
  • Non aforres en bicos e abrazos.
  • Necesitamos a todos para construir a PAZ

03 febrero 2009

Xogando cos animais

Pica na formiga, xoga e pásao ben aprendendo cousas dos animais.

02 febrero 2009

MURAL DA PAZ DE 1º



Os nenos e nenas de 1º fixeron un mural precioso para celebrar o día da paz. Verdade que quedou moi chulo?
Se picas na foto podes vela máis grande.
Ademais leron no ximnasio unha poesía moi chula que dicía asi:

Basta unha man
para matar.
Precisamos dúas
para aloumiñar.
Dúas para aplaudir.
E todas as mans
do mundo
para a paz.