30 abril 2009

DOS PLUMAS DE ÁGUILA

Recomendo este libro porque é de aventuras, dos que me gustan a min. Conta a historia de un indio que quere conseguir as plumas da águia máis grande e poderosa da montaña para facer o tocado máis impresionante da tribu.

Iago 2ºB

29 abril 2009

EL CUENTO DE LOS CUENTOS

Visitando blogues amigos atopamos na Escola de Ismail unha película titulada "El cuento de los cuentos" que nos pareceu preciosa. Esperamos que disfrutedes véndoa.



EL VAMPIRILLO SIN DIENTES




Recoméndovos este libro porque está moi ben.
Trátase dun vampiro que non ten dentes e na escola non abría boca nin un segundo, nin sequera para falar, pero un dia fixeronlle rir e sen querer abruina. Xa vos imaxinades a que se armou.
Se queres saber mais, le este libro.

Ángel 2º B

25 abril 2009

A SEMANA DA POESÍA


Nesta semana, dentro das actividades programadas para o mes de abril, celebramos a semana da poesía.
Traballaremos na aula a poesía e ademais, durante a hora de ler, haberá lecturas na biblioteca por parte de profes e alumnos. Do noso ciclo vai ler Brais Gesto de 1º A.

24 abril 2009

OUTRO AGASALLO

Que ilusión!
Dende a
Tartaruga lectora chegounos un agasallo que nos enche de ledicia e nos da ánimo para seguir adiante co noso traballo.
Moitísimas grazas de parte de todos os nenos e nenas do primeiro ciclo do cole "Barrié de la Maza" de Santa Comba.

Regras
. Exhibir o selo violeta no blog coas regras.
. Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
. Avisar aos indicados, non te esquezas de iso!
. Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

Os blogs elexidos son:

En canto os poderes gustaríanos ter a variña máxica da fada madriña de Cincenta para arranxar os problemas do mundo e os poderes do Xenio da lámpada maravillosa de Aladín.

20 abril 2009

DESCRIBINDO ANIMAIS

Este traballo fixérono os nenos e nenas de 2ºC despois de buscar información sobre os animais na biblioteca do cole.


15 abril 2009

CONTOS POR TODO O COLEXIO

Hoxe os nenos de primeiro ciclo levamos unha sorpresa moi agradable. Na hora de ler , Mari Carmen contoulle a todos os nenos de 1º unha historia preciosa no campamento indio do pasillo de abaixo e Fernando, o profe de 2ºC contou no patio "As babuchas enmeigadas" para os de 2º.
Xa nos avisara Bibliorato nunha carta de que no mes de abril se iorían contos por todos os recantos do colexio.

14 abril 2009

UNHA GRATA SORPRESA


Dende o blog O recanto de Mik que nos serve de modelo a seguir, recibimos un agasallo precioso que nos enche de alegría e de ilusión para seguir traballando: "Olha que blog maneiro", que quere decir, mais ou menos, "mira que blog tan creativo, tan bonito...".

Moitas grazas Mik por acordarte de nós.

Este premio ten varias condicións:

- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Poñer o nome do blog que cho deu.
- Indicar os teus 10 blogs.
- Avisar aos indicados.
- Publicar as reglas.

13 abril 2009

EN ABRIL... LECTURAS MIL

Xa sabedes que o dia 23 de abril é o dia mundial do libro e con tal motivo neste mes haberá no centro actividades relacionadas cos libros.

O noso amigo Bibliorato dende a bibilioteca do centro recomendou unha serie de libros para este mes esperando que pasades a visitalo tan pronto cheguedes das vacacións.


Estas son as recomendacións para os nenos e nenas de 3 a 6 anos


Estes son os libros para os lectores e lectoras de 7 a 9 anos.


Por último os libros para os alumnos e alumnas de 10 a 12 anos.