22 diciembre 2010

BO NADAL E FELIZ ANINOVO

Os nenos e nenas de 1º e as súas profes dexésannos a todos un Bo NadalFeliz 2011.
Verdade que son uns bonecos de neve moi graciosos?
(Se picas sobre as fotos podes velas máis grandes)



XOGOS PARA O NADAL


Para que nestas vacacións non vos aburrades moito, aparte de ler, espero que vos divirtades moito con estes xogos de Nadal de Vedoque.com



O xogo componse de tres actividades:
  • A Belén: Aquí moves coas teclas a un rey mago para que evite os cactus vaia collendo os regalos.
  • Gaña a Papá Noel:  Tes que pulsar alternativamente as teclas de frecha dereita y frecha esquerda para que corra o camelo.
  • Regalos: aquí os vedoques son axudantes de Papá Noel e ti debes movelos para que os regalos cheguen ata o trineo.
Bueno e agora, A XOGAR!!

04 diciembre 2010

VOLVE O APALPADOR

Acórdaste deste personaxe? Si queres podes picar na imaxe deste libro para ler a historia.



Tamén podes visitar esta páxina Apalpador.com e despois intentar responder este cuestionario. A ver se consegues acertar todas as preguntas.

30 noviembre 2010

CORPO HUMANO

Aquí tedes máis actividades para continuar traballando o corpo humano.




16 noviembre 2010

Concerto didáctico

O pasado Xoves os nenos de 2º e 3º fomos ao multiusos de Santa Comba para asistir a un concerto didáctico do grupo SON+D2.
Foi moi divertido!!


Concierto didáctico Son+D2 on PhotoPeach

13 noviembre 2010

SAMAÍN E MAGOSTO

Que ben o pasamos este venres pola tarde no colexio!!
Aquí podedes ver as manualidades que fixestes coa colaboración dos vosos pais e nais. Que bonitas quedaron!!!

Fotos de Carmen Lodeiro"Contadora de soños"



Agora fai esta actividade que trata do outono e do Samaín elaborado no colexio de educación infantil de Tarrío- Samieira.
Para empezar pica na imaxe do castiñeiro.


09 noviembre 2010

LECTOESCRITURA

Esta actividade é para que os nenos e nenas de 1º aprendan a ler xogando.
Pica na imaxe para empezar.




18 octubre 2010

MEMORIA

A ver que tal andas de memoria visual.
Neste xogo de Divergaceta te
s que atopar parellas de obxectos que podes ver na clase en menos de 80 segundos.
Ánimo! Fíxate ben e conseguira
lo.

Pica nesta imaxe para ir ao xogo

14 octubre 2010

COLOREA E DEBUXA

Con esta actividade do Portal educativo de la Junta de Castilla y León poderás realizar e pintar os teus propios debuxos ou colorear as plantillas da galería.
Pica aquí e empeza xa escollendo unha imaxe para pintar ou ben colle o lapis e debuxa ti mesmo para despois colorear.

27 septiembre 2010

O MEDO

Con Contadora de Soños todos os nenos e nenas do colexio están aprendendo a vencer O MEDO.
Os nenos e nenas de segundo xa demostraron que son moi valentes e que non teñen medo a nada despois de vivir esta fantástica aventura no colexio.
Esperamos que vos guste.


UNHA AVENTURA DE MEDO NO COLEXIO on PhotoPeach


Aprendamos todos esta canción para ser moi valentes.

16 septiembre 2010

VISITOUNOS UN PAIASO

Que divertido foi empezar o curso coa actuación deste paiaso!!

Un paiaso no cole on PhotoPeach

10 septiembre 2010

Benvidos

OLA A TOD@S!!
En primeiro lugar quero darvos a benvida ao cole.
Xa me enterei de que tedes moitas ganas de traballar.
O luns comezaremos, pero, ata entón esta formiguiña precisa da vosa axuda para gardar nos diferentes lugares do formigueiro a comida que vai recollendo. Vaille sinalando o camiño que ten que seguir. Pero, moito coidado, hai que pasar por zonas moi perigosas.
Ánimo e a comezar!!


22 junio 2010

PARA LER

Mirade que historia tan tenra a do gorila KOKO e o gatiño ALL BALL.Que triste queda Koko cando se vai o gato!


Esta historia real inspirou a ANTHONY BROWNE autor dun dos libros que vos mostro a continuación como posibles lecturas para o verán.
Espero que disfrutedes moito
vivindo grandes aventuras
a través da lectura.



FESTIVAL FIN DE CURSO

Esta mañá pasámolo moi ben no patio do colexio coa actuación do grupo musical Mamá Cabra. Se picas na imaxe poderás visitar a súa páxina para ver videos das súas actuacións e escoitar a súa música e coñecelos mellor.
Despois viñeron os bailes, os xogos populares e por último a comida.

Foi un dia moi especial!!

Esta é a reportaxe fotográfica que fixo Contadora de Soños de todo o festival. Verdade que quedou moi bonita?


PFESTA FIN DE CURSO on PhotoPeach

20 junio 2010

AGASALLOS

Da nosa amiga Contadora de Soños recibimos uns inesperados premios que nos enchen de ledicia.
Dámoslle as grazas a Contadora e nos pasamos estes premios aos blogs que nos coñecen e en especial a Ti tamén con
tas do CEIP Mestre Goldar


14 junio 2010

EDUCALANDIA

En Educalandia. net contraredes un montón de actividades de lingua e matemáticas para repasar e pasalo ben.
Hai actividades para 1º e para 2º. Tedes que escoller unha actividade e logo... a practicar!

Para entrar Pica sobre Bob Esponja

08 junio 2010

DEBUXAR

Con esta actividade de InterPeques podes pasalo moi ben debuxando e coloreando.


Preme no debuxo e comenza a traballar

07 junio 2010

O RAP DO LIBRO

Desfruta escoitando o RAP DO LIBRO.
Autor: JHARECK

CANTADO POR JHARECK (IAGO REY). VOCES CONTADORA DE SOÑOS, ANGELA, CARLOS, MARTIN, SONIA E MARIA.



BIBLIORRATO XALLEIRO

Bibliorrato informa a todos os nenos e nenas do primeiro ciclo de que xa está en marcha o blog da biblioteca do cole. Chámase Bibliorrato Xalleiro

Preme na imaxe para entrar

22 mayo 2010

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS




Para ver todas as actividades que se organizaron este venres no colexio para cerrar a semana das Letras Galegas temos que visitar o blog da Contadora de Soños.




11 mayo 2010

CONTACONTOS

Escoitade unha versión do conto da ratiña presumida contada por Rodorín un contacontos xenial.
Espero que vos guste moito.

DIA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano está adicado a Uxío Novoneyra, que naceu na Serra do Courel

Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín, e un dos libros que escribiu para nenos, e como xa o coñecedes,
propóñovos que fagades unha actividade que atoparedes picando no libro.

Se buscades na biblioteca do centro atoparedes outros libros que Uxío Novoneyra escribiu para nenos.

Esta actividade foi elaborada no CEIP de Friáns-Teis

04 mayo 2010

DISEÑA TUS FLORES

Agora que chega a primavera podes crear infinidade de flores con esta actividade.

O RELOXO CON ALICIA




Xa coñeces a Alicia, a do País das Maravillas, e se picas
no reloxo do Coello Branco entrarás no seu mundo e poderás facer as actividades e aprenderás o manexo do reloxo.


(pica e xoga)


18 febrero 2010

O ENTROIDO EN FOTOS


Imos a relaxarnos e desfrutar vendo as fotos do desfile do entroido celta.
A verdade é que todos estabamos moi guapos e os disfraces quedaron moi ben.
Grazas a todos os pais e nais que colaboraron para que o resultado fora tan espectacular.



ENTROIDO 2010 on PhotoPeach

04 febrero 2010

TRABALLANDO NO ZOO

Agora traballas nun zoo e tes que darlle a cada animal a súa comida. Pon atención e non te equivoques, se non queres perder o empleo.
Pica no debuxo e empeza xa a traballar.





01 febrero 2010

MÉTODO DE LECTURA

Para seguir practicando coa lectura, outro xogo que espero que vos sexa moi útil.
Ánimo e a practicar
un montón!

A FAMILIA DO 100

Este xogo vai dirixido aos nenos e nenas de 2º e tamén para algúns de 1º con gañas de aprender moito.
Esp
ero que o pasedes moi ben. Picade no debuxo e... a empezar!

29 enero 2010

O MUNDO CELTA

Como xa sabedes o entroido este ano xirará en torno ao MUNDO CELTA. Espero que estas imaxes e esta música nos vaia inspirando para facer os disfraces.

15 enero 2010

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ



Esta historia non só é un conto, Wangari Maathai é unha persoa real, e o que se conta aquí é verdade.
Esta gran muller recibiu o premio Nobel da Paz no ano 2004
.

A montaxe do conto foi feita pola mestra da unitaria de Vide

11 enero 2010

O MUNDO DE CARLOS

Se te fas amigo de Carlos vas a aprender moitas cousas. Pica na imaxe e empeza a coñecelo e a pasalo ben.