22 junio 2010

PARA LER

Mirade que historia tan tenra a do gorila KOKO e o gatiño ALL BALL.Que triste queda Koko cando se vai o gato!


Esta historia real inspirou a ANTHONY BROWNE autor dun dos libros que vos mostro a continuación como posibles lecturas para o verán.
Espero que disfrutedes moito
vivindo grandes aventuras
a través da lectura.



FESTIVAL FIN DE CURSO

Esta mañá pasámolo moi ben no patio do colexio coa actuación do grupo musical Mamá Cabra. Se picas na imaxe poderás visitar a súa páxina para ver videos das súas actuacións e escoitar a súa música e coñecelos mellor.
Despois viñeron os bailes, os xogos populares e por último a comida.

Foi un dia moi especial!!

Esta é a reportaxe fotográfica que fixo Contadora de Soños de todo o festival. Verdade que quedou moi bonita?


PFESTA FIN DE CURSO on PhotoPeach