21 diciembre 2011

BO NADAL!!!

Con este traballo que elaboraron os nenos e nenas  de 5ºA aproveito para desexar un bo Nadal a todos  e despedirme ata a volta das vacacións. 
Que os Reis Magos veñan cargados de felicidade!



Encantounos este traballo. Noraboa aos autores!!!

Concerto didáctico Son+d2

Que ben o pasamos no concerto!!!!

SON+D2 on PhotoPeach

20 diciembre 2011

XOGOS DO NADAL

Agora toca divertirnos con este xogo de Vedoque.com para celebrar o Nadal.
Se picas aquí podes xogar co xogo do ano pasado.

UN NADAL PARA LER

Bibliorrato dende a Biblioteca do centro recoméndanos moitos libros interesantes.
Buscade os máis interesantes e... todos a ler!!!!

15 diciembre 2011

A POSIDONIA


Aquí tedes o video que vos prometín sobre as pradarías do mar Mediterráneo

10 diciembre 2011

COÑECENDO AS FLORES

Imos coñecer as flores polo seu nome.
Cal é a túa flor preferida?




08 diciembre 2011

NUMERACIÓN

Para traballar con números naturais menores dun millón.               Ten un motón de actividades diferentes.
Ánimo e a facelas todas!!

02 diciembre 2011

OSOS POLARES

Paula pideume un video de osos polares, e poño este que me pareceu moi tenro.
Bo fin de semana a todos!!

30 noviembre 2011

XOGANDO ÁS AGOCHADAS

Outra actividade  para practicar as sumas, restas e multiplicacións con Velilla, Hexamano e Manojo, os tres marcianos de Vedoque.com

PEIXES VOADORES

Mirade que video tan chulo atopei!!

29 noviembre 2011

O USO DAS MAIÚSCULAS


Con esta actividade podedes practicar o uso das maiúsculas. Espero que logo non vos esquezades de poñelas cando sexa preciso.
Tedes que correxir vos os erros nas frases que aparecen.

     Vía genmagic.net

GISBERT

Que ben o pasamos escoitando a Joan M.Gisbert!!

Joan M.Gisbert on PhotoPeach

28 noviembre 2011

Joan Manuel Gisbert

Mañá visitaranos na biblioteca do colexio Joan Manuel Gisbert, o autor do libro "El bosque de los desaparecidos" que lerán todos os nenos e nenas de 3º de Primaria.

(Pica na súa foto para coñecelo mellor)

Todos estamos desexando ler o libro que promete ser moi interesante e tamén coñecer  persoalmente ao seu autor.

21 noviembre 2011

O NARVAL

 Como vos prometín, aquí vos poño uns enlaces para saber máis sobre o narval.

(Pica no nome e tamén no debuxo, son enlaces diferentes .)



Tamén podedes ver este video sobre o pobo INUIT.


20 noviembre 2011

NUMERACIÓN

Con este bloque de actividades LIM poderedes ir repasando todo o que veremos ao longo do curso en matemáticas. 




16 noviembre 2011

A CARREIRA DE RAS

Aquí vos deixo outro xogo de Vedoque.com para seguir practicando o cálculo. Tedes que ser moi rápidos para gañar a carreira. 
Recordade que tedes que estudar moito a taboa de  multiplicar para poder gañar.

30 octubre 2011

CANTO SABEMOS DOS ANIMAIS!

Con esta actividade podedes comprobar canto sabedes dos animais.
Non vos olvidedes de comprobar sempre
se a resposta é correcta antes de pasar a páxina seguinte.

20 octubre 2011

ARRECIFES DE CORAL

Mirade que video tan bonito atopei sobre os arrecifes de coral. Espero que vos guste.

17 octubre 2011

A TÁBOA DE MULTIPLICAR

Xa que estamos coa taboa de multiplicar a voltas, aquí vos deixo de novo estas actividades, para que a aprendades dunha maneira máis divertida.

08 octubre 2011

APRENDENDO INGLÉS


 Espero que a profe Dolo lle guste esta actividade que nos chega desde Vedoque.com para que todos poidamos practicar moito o inglés.

06 octubre 2011

Un curioso animal

Como na clase estivemos a falar do ornitorrinco, aqui vos deixo unhas fotos nas que tedes que premer para atopar información. Premede tamén no seu nome.

28 septiembre 2011

XA ESTAMOS EN TERCEIRO

OLA a todos !!! Que tal estades? Como vos atopades polo piso de arriba do cole?. Supoño que todos moi contentos, porque xa sodes un pouco máis maiores. 

 Para que empecedes xa a repasar o que imos aprendendo na clase  aqui vos deixo algunhas actividades.

Estas dúas son para practicar o abecedario.


                                                           Actividade de genmagic.org

Agora practicade o cálculo mental.
Actividade de vedoque.com

24 junio 2011

DESPEDIDA

felizemptyveran

FIN DE CURSO

Que divertido foi o fin de curso do cole!  O patio de atrás cheo de nenos, nenas e profesores bailando ao son do grupo musical PESDELÁN.
Para que todos poidades velo, aquí están algunhas fotos.
Pon a música mentres as ves. 





15 junio 2011

CINCO EN RAIA

Agora toca un pouco de diversión. Xogas ti contra o ordenador. Trátase de poñer cinco fichas en liña horizontal, vertical ou diagonal. Ti pos as cruces e o ordenador os círculos. Ponlle moita atención e intenta gañar á máquina. Moita sorte!


(Preme no debuxo para xogar)

14 junio 2011

O LARETEIRO DO XALLAS

Xa está aquí a nova edición da revista do cole "O lareteiro do Xallas".




 

06 junio 2011

RESOLVE O PROBLEMA

Axuda a este home a cruzar o río co lobo, o repolo e a ovella. 
Ten en conta que:
  -  so pode levar unha cousa na barca,
  -  se deixa só ao lobo coa avella, vaina  papar,
  - tampouco pode deixar a ovella co repolo.


 

Pica no debuxa e comeza xa

26 mayo 2011

RECICLAMOS

Con esta actividade xa nos imos a poñer en marcha co tema da reciclaxe.



10 mayo 2011

A ILLA DO TESOURO

O mércores pasado fomos ver unha obra de teatro en inglés ao multiusos.
THE TREASURE ISLAND
Pasámolo xenial!.
Os actores fixérono moi ben e os nenos que sairon como colaboradores tamén.
A montaxe fotográfica é de Contadora de Soños.

A ILLA DO TESOURO on PhotoPeach

03 mayo 2011

A TENDA DE BRAIS

Se premes no debuxo poderás entrar na Tenda de Brais e pagar e pesar moitas cousas.
Espero que non te equivoques, sobre todo cando pagues.
Este xogo atopámolo en EDILIM





25 abril 2011

O RELOXO


Este xogo que atopamos no blog de segundo é para que practiquedes as horas. Ten límite de tempo e 4 niveis. Espero que superedes o nivel 3. Ánimo e xa me comentaredes que tal vos foi.

Preme na imaxe para xogo


Tamén podedes facer esta outra actividade.

15 abril 2011

PIKIPALABRA

Con este interesante xogo de pasapalabra adaptado para nenos, espero que desfrutedes moito nestas vacacións de Semana Santa.
O xogo pode ser para un ou dous xogadores .
Ánimo, e... a xogarrrrrrr!!!

III SEMANA DA POESÍA

Estes son os videos que nos mostran todo o que fixemos no colexio para celebrar a  III semana da poesía.
Para ver máis actividades sobre este tema teredes que visitar blog da biblioteca.


Video-poemas. Barrié de la Maza from fprecarey on Vimeo.



25 marzo 2011

EXCURSIÓN A GRANXA ESCOLA

O venres pasado fomos de excursión a Cambados e pasámolo xenial. Estas son as fotos de ese día tan especial. 
Temos que dar as grazas a nosa fotógrafa Silvia, por facer estas fotos tan bonitas e deixárnolas utilizar.



09 marzo 2011

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O día 8 de marzo de cada ano celébrase o Día Internacional da Muller
Para ir entrando no tema propóñovos que vexades esta presentación de  "O libro dos porcos" de Anthony Browne que fixeron no Recanto de Mik

      
 Tamén podes escoitar esta canción que trata da igualdade entre nenos e nenas.  

06 marzo 2011

ENTROIDO XALLEIRO

Grazas a reporteira mais dicharacheira da "TVG" temos esta reportaxe gráfica do entroido xalleiro do colexio. Aquí podemos ver o ben que o pasamos todos, nenos/as, mestres/as e pais/nais.
Para que todo o mundo o saiba, os de 1º somos os corvos e os de 2º os espantallos, e xuntos formamos a comparsa "Os espanta corvos"



Tamén podemos ver un video  cos momentos máis simpáticos do entroido se visitamos o blog de CONTADORA DE SOÑOS. É para troncharse de risa!!!

02 marzo 2011

XA CHEGA O ENTROIDO

Para que non todo sexa traballar, aquí vos poño unha actividade moi bonita sobre o entroido que atopei en Casa de Tol@s. Espero que o vos guste e que o pasedes ben.


23 febrero 2011

VIDEOS DE ANIMAIS

Aquí tedes un videos sobre animais. Espero que vos gusten e que vos axuden nos vosos traballos.







22 febrero 2011

CONCURSO BIBLIORRATO

Bibliorrato, que é moi curioso, quere sabelo todo sobre Santa Comba e puso en marcha un concurso no que poden participar todos os nenos e nenas do cole. 
Trátase de contestar as dúbidas que aínda ten sobre Santa Comba.
Por cada pregunta que contestedes correctamente, recibiredes un cromo para pegar nun álbum que vos darán na biblioteca.
Podedes investigar usando internet ou algúns libros que hai na biblioteca.

Para acceder ás preguntas e aos recursos tedes que picar no debuxo.