25 marzo 2011

EXCURSIÓN A GRANXA ESCOLA

O venres pasado fomos de excursión a Cambados e pasámolo xenial. Estas son as fotos de ese día tan especial. 
Temos que dar as grazas a nosa fotógrafa Silvia, por facer estas fotos tan bonitas e deixárnolas utilizar.



09 marzo 2011

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O día 8 de marzo de cada ano celébrase o Día Internacional da Muller
Para ir entrando no tema propóñovos que vexades esta presentación de  "O libro dos porcos" de Anthony Browne que fixeron no Recanto de Mik

      
 Tamén podes escoitar esta canción que trata da igualdade entre nenos e nenas.  

06 marzo 2011

ENTROIDO XALLEIRO

Grazas a reporteira mais dicharacheira da "TVG" temos esta reportaxe gráfica do entroido xalleiro do colexio. Aquí podemos ver o ben que o pasamos todos, nenos/as, mestres/as e pais/nais.
Para que todo o mundo o saiba, os de 1º somos os corvos e os de 2º os espantallos, e xuntos formamos a comparsa "Os espanta corvos"



Tamén podemos ver un video  cos momentos máis simpáticos do entroido se visitamos o blog de CONTADORA DE SOÑOS. É para troncharse de risa!!!

02 marzo 2011

XA CHEGA O ENTROIDO

Para que non todo sexa traballar, aquí vos poño unha actividade moi bonita sobre o entroido que atopei en Casa de Tol@s. Espero que o vos guste e que o pasedes ben.