22 diciembre 2012

NADAL NO COLE

QUE BEN O PASAMOS NO COLE!!!!


Foi un día repleto de emocións e sorpresas: 
cantamos panxoliñas, fixemos un adorno navideño, elaboramos comidas moi doces, fabricamos unha  bucina e por último tomamos chocolate con churros todos xuntos.



Enlaces que vos poden interesar. 

15 diciembre 2012

A DIVISIÓN

Como Antía pide actividades para practicar a división subo estas tres. Esta está moi ben para empezar.

Aquí podedes practicar as catro operacións: suma, resta, multiplicación e división. Tan so tedes que cambiar os datos na barra lateral e picar en crear.


Esta última é para practicar a división con dúas cifras no divisor.

14 diciembre 2012

ARRECIFES DE CORAL

Este é un exemplo de ecosistema acuático mariño. Ten imáxenes preciosas.
É unha pena que por culpa da contaminación esté en peligro.

05 diciembre 2012

DÍA DA CONSTITUCIÓN

O día 6 de decembro é festivo porque celebramos o cumpreanos da Constitución Española. Naceu en 1978 e polo tanto agora cumpre 34 anos. 
Se queredes saber que é a Constitución picade no debuxo e ela mesma volo vai contar.
Picando no mapa, podedes aprender as Comunidades Autónomas de España e tamén as provincias.



04 diciembre 2012

Propiedades da multiplicación

Este esquema axudaravos a repasar as propiedades da multiplicación. Picade nel para velo mellor.



29 noviembre 2012

OS INVERTEBRADOS

Por fin atopei unha aplicación en galego sobre os animais invertebrados  en Didactalia.net do proxecto agrega.





26 noviembre 2012

TRES TENEDORES

O xoves os nenos e nenas de 4º fomos ao multiusos de Santa Comba para ver a actuación do grupo Tres tenedores que representaron a obra titulada " A danza dos instrumentos".
Pasámolo xenial!!!  sobre todo cando os nosos compañeiros sairon a actuar.

TRES TENEDORES on PhotoPeach

24 noviembre 2012

O XOGO DA OCA

Agora a divertirse con este xogo da oca  e comprobaredes canto sabedes sobre as AVES.



A AGUIA

Aquí vos deixo un documental sobre a aguia para que o vexades este fin de semana.





15 noviembre 2012

OS ANIMAIS DO MAR

Se picas na imaxe poderás facer unha actividade Lim para aprender moitas cousas sobre os animais que viven no mar.



14 noviembre 2012

LIBROS DE LECTURA

Que ben o ides  pasar lendo estes libros!!!
Os nenos e nenas de 3º compartirán estes libros:


"La jirafa, el pelícano y el mono" de Roald Dahl  
"Corazón de pedra" de Agustín Fernández Paz.

Os  de 4º compartirán estes outros:


" Mago por casualidad" de Laura Gallego
"Querido hijo: estás despedido" de Jordi Serra i Fabra
"Restaurante Farruco" de Chus Pereiro

Se picades nas imaxes dos libros poderedes ver a súa ficha.

13 noviembre 2012

OS RÉPTILES

Outro video, esta vez sobre os réptiles. 

UN MAMÍFERO CARNÍVORO:O LOBO

Agora, veremos un video sobre un mamífero carnívoro que vive nos nosos montes.



12 noviembre 2012

DÚAS AVES BEN DIFERENTES

Neste video podedes coñecer un pouco máis ao colibrí. Observade o seu pequeno tamaño, a forma do seu peteiro,  como se alimenta...


COLIBRI - EL COLOBRI Y LAS FLORES - DOCUMENTAL por valeria_sonidoazul

Neste interesante documental de Félix Rodriguez de la Fuente, aprenderedes moitas cousas sobre a aguia. Picade na imaxe para acceder ao video.



09 noviembre 2012

O MAGOSTO

Hoxe no cole temos a festa do magosto. 
Se queredes saber máis sobre este tema picade na imaxe.




08 noviembre 2012

ENTRENA A MULTIPLICACIÓN

Para aprender ben as táboas de multiplicar hai que entrenar moito.

 Con esta actividade podedes entrenar uns cinco minutos cada día e veredes que ben facedes despois as multiplicacións e as divisións.
 

27 octubre 2012

A ACENTUACIÓN

Repasemos agora a acentuación das palabras agudas, llanas e esdrúxulas.


25 octubre 2012

TEST DE NÚMEROS ROMANOS

Imos comprobar quen saca a puntuación máis alta contestando este "testeando" sobre os números romanos.
Recordade que aquí tamén hai tres comodíns.

21 octubre 2012

O APARELLO LOCOMOTOR

Imos a coñecer agora o aparello locomotor que está formado polos osos e os músculos.


LECTURA

Agora imos comprobar que tal se nos da ler  oracións escritas do revés. 
Xa me contaredes se vos resulta fácil ou dificil. 

09 octubre 2012

NUMERACIÓN

Nestes enlaces podedes repasar a numeración: 
Para alumnos de 4º curso


Para alumnos de 3º curso

05 octubre 2012

CUADRADO MÁXICO

Este novo reto consiste en colocar os números do 1 ata o 9 no cadrado de maneira que en todas as direccións a suma dos números sexa 15. Veña, todos a intentalo, a ver quen o consegue antes. 


25 septiembre 2012

NÚMEROS MARCIANOS

Propóñovos este divertido xogo de marcianos,que atopei en Vedoque.com para repasar as táboas de multipicar.
Tedes que disparar aos marcianos que leven un número da táboa que se indica no lateral. Dádevos prisa, porque os marcianos tamén atacan.
E agora..... A XOGAAARRR!!! 

14 septiembre 2012

MATEMÁTICAS DE 3º


Agora toca repasar as matemáticas de  terceiro picando no debuxo.


13 septiembre 2012

SUDOKUS

Como parece que na clase nos  resultou moi dificil resolver os Sudokus, podemos practicar todos con este xogo que atopei en  BABA CLUB.
Podemos escoller o nivel de dificultade, temos tres pistas para axudarnos e tamén podemos ver a solución.


12 septiembre 2012

MAXIA NO COLE

QUE BEN O PASAMOS HOXE NO COLE!!!!


Para comezar o curso con moita  ilusión visitounos o mago MARTIN CAMIÑA, que cos músicos do grupo FUNKATRO nos fixeron desfrutar no ximnasio co espectáculo titulado"POESÍA, MÚSICA E MAXIA"
Espéranos un curso cheo de maxia, según nos conta  o noso amigo Bibliorrato dende o blog da biblioteca. 

11 septiembre 2012

XA ESTAMOS DE VOLTA



OLA A TODOS!!!

XA ESTADES PREPARADOS PARA A VOLTA AO COLE???

 
O MÉRCORES DÍA 12 VÉMOMOS!!!

  

25 junio 2012

PARA REPASAR EN EL VERANO

Con Tecla, Aurea, Pi e Max, podes repasar as matemáticas que traballamos ao longo do curso. Escolle 3º ou  4º,  entra no parque de atraccións, e... a repasar disfrutando!!! 



Picando nesta outra imaxen, hai varios  xogos de palabras, que espero que che resulten divertidos.



O LARETEIRO DO XALLAS

Xa está aquí, un ano máis, a novo número da revista escolar O Lareteiro do Xallas.

21 junio 2012

DESPEDINDO AOS COMPAÑEIROS

Este curso pasámolo fenomenal todos xuntos, pero dous dos nosos compañeiros, Jennifer e Lucas, marchan para outros colexios. 
Hoxe fixemos unha gran festa e aproveitamos para sacar unha foto todos xuntos. É un bonito recordo para todos.

Seguiremos en contacto con Jennifer e Lucas a través do blog.
ATA SEMPRE COMPAÑEIROS!!!


18 junio 2012

PERÍMETROS

Para aprender a calcular o perímetro dos polígonos regulares e irregulares
 

XOGAMOS AO BINGO

Supoño que xa todos sabedes xogar ao bingo, e con estes dúas actividades ides practicar o cálculo mental.
Neste xogo fixádevos que unhas veces falta o divisor, outras o dividendo e outras o cociente. 
Ánimo e todos a cantar BINGO!!!

15 junio 2012

LINGUA CASTELÁ E MATEMÁTICAS

Aquí tedes algunhas actividades para repasar matemáticas e lingua. 
Hai que escoller nivel (de 8 a 10 anos)
 

11 junio 2012

PRACTICANDO A DIVISIÓN

Aquí tedes unha actividade para practicar coa división. Primeiro hai unha explicación de como se fan e logo tedes que intentalo vos sós.


09 junio 2012

MEDIOS DE TRANSPORTE



Aquí vos deixo dúas actividades para coñecer mellor os medios de transporte.





05 junio 2012

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Nos últimos tempos, cada ano que pasa parece que hai máis motivos para esta celebración. Porque moitos científicos xa non o dubidan: os humanos somos os principais responsables dos males da Terra.

 COIDEMOS O NOSO PLANETA!!!




Este video chéganos dende a Escola de Ismail 3. Grazas aos nenos e nenas que o fixeron posible. E precioso!!

04 junio 2012

XOGANDO COS PREZOS

A ver se sodes capaces de calcular o prezo que falta. Tedes que pensar un pouco pero enseguida lle colleredes o truco porque é moi fácil. Ademáis podedes comprobar canto tempo tardades en resolvelo.
Xa me contaredes que tal se vos da.


29 mayo 2012

AS MEDIDAS


Con esta actividade repasaredes as medidas de lonxitude, masa, volumen e tempo.

  

28 mayo 2012

LE, ESCOITA E PRACTICA

Coas seguintes aplicacións poderás escoitar, ler e realizar actividades e xogos de Lingua Castelá.Tamén atoparás algúns videos. 
Pica en cada un dos títulos para acceder aos contos e as súas actividades.

15 mayo 2012

LETRAS GALEGAS 2012

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade
Con estas actividades  imos coñecelo un pouco mellor.




 Vía Gatiños

13 mayo 2012

XOGO DA MULTIPLICACIÓN

Imos facer unha competición a ver quen consegue o maior número de puntos. Non vale rendirse, hai que chegar ao final. Veña que ti podes!!!