30 marzo 2012

PASAPALABRA

Aquí tedes o xogo de pasapalabra que vos dixen na clase. Ah! tedes que poñer as tildes se non queredes fallar. 
Ánimo... e, a completar o rosco!!!!


RAZOAMENTO LÓXICO

Nestes días de vacacións podedes entrenar a vosa mente con estas actividades de razoamento lóxico.
Xa me comentaredes se vos resultan fáciles ou difíciles.



28 marzo 2012

PROBLEMAS

Como parece que aínda se nos resisten os problemas, aquí vos deixo outra actividade para poder practicar. Podedes facer as contas mentalmente, nun papel ou usar a calculadora que aparece na actividade.





A PALANCA E O PLANO INCLINADO

Se vos gustou o video  "Como funcionan as cousas" sobre as poleas, agora podedes ver outros dous, un sobre as palancas e outro sobre o plano inclinado.
Adiante,viaxemos de novo a ILLAMAMUT!!!

26 marzo 2012

A POLEA

Vendo este video ides intender moi ben para que serven as poleas e ademais pasaredes un rato divertido.


MÁQUINAS E APARELLOS

Para ir tomando contacto co novo tema de coñecemento facede esta actividade.


21 marzo 2012

CAVERNAS DE CARLSBARD

Aquí tedes as fotos que vos prometín do parque das cavernas da Carlsbard en Estados Unidos.

Cavernas de Carlsbad on PhotoPeach

19 marzo 2012

OS MATERIAIS

Agora imos a ver canto sabemos sobre os  materiais. Pica na imaxe e comeza a contestar as preguntas. Moita sorte!!!

 Testeando.es

08 marzo 2012

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Coa fotografía do mural elaborado por todos os nenos e nenas do centro aproveito para felicitar a todas as mulleres neste día tan especial.

QUEDOU CHULÍSIMO!!!

Visitade o blog de Contadora de Soños e non deixedes de ver a curta que fixeron os nenos e nenas de 6º C.
Noraboa a todos os participantes, e en especial, para a organizadora.

02 marzo 2012

UN PLANETA DE AUGA E AIRE

Para repasar os temas do aire e da auga, déixovos esta actividade que é bastante completa. A ver se sodes quen de completala.
Picade na Terra para comenzar.


01 marzo 2012

TESTEANDO

Se queres repasar o tema da auga, intenta responder as preguntas deste concurso. 
Ten moito coidado e le con moita atención os enunciados das preguntas, se non queres fallar.
Recorda que tes 3 comodíns que podes usar.