30 abril 2012

TEST DA DIVISIÓN

Repasade agora a división contestando este test. Fixádevos ben nas preguntas para non fallar.
 

O TRASNO DA RISA

Acabo de ver este video e, despois de botar unhas risas, non podo evitar publicalo no blog. Grazas CONTADORA DE SOÑOS por facernos pasar tan bos ratos.

27 abril 2012

VENECIA

Venecia unha cidade con rúas de auga.
No video veredes o impresionante que é esta cidade de Italia que parece estar construída sobre o mar. En realidade son moitas illas pequenas unidas por pontes.

25 abril 2012

AS MÁQUINAS

Un novo testeando, esta vez sobre as máquinas. 
Espero que non falledes ningunha pregunta.

24 abril 2012

AGUDEZA VISUAL

Que tal andades de vista?
Neste montón de chatarra hay un gato. Seredes capaces de atopalo?  Ánimo e..., a buscar!!!

Se picades na imaxe verédela máis grande.

23 abril 2012

JULIA, PATO Y EL ESPIA



Para celebrar o día do libro quero facervos un agasallo especial: un libro vivo titulado "Julia, pato y el espia" do autor Carlo Frabetti. Espero que disfrutedes da lectura e das ilustracións. 
Picade no libro e... a disfrutar da historia!


22 abril 2012

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril é o Día internacional do libro. Aquí vos deixo unha presentacion que atopei na Escola de Ismail 3 onde se dan moitas razóns para ler.
E agora, eu pregunto:

E TI, PARA QUE LES?


21 abril 2012

O CÓMIC

Se vos gustan os comics, con esta actividade de Genmagic ídelo pasar fenomenal. 
Cando teñades rematado a páxina, se queredes, podédela imprimir.

19 abril 2012

Outro video con canción e imaxes para que  entendades o importante que é reciclar.


 

LECTURA

Se picades no debuxo teredes acceso a tres lecturas. 
Despois respondede todas as preguntas e comprobade os vosos acertos.






18 abril 2012

ROSALIA DE CASTRO



Picando na imaxe de Rosalia de Castro, atoparedes información sobre ela.
No video podemos escoitar o seu poema "Adios ríos, adios fontes"   cantado por Amancio Prada. 


12 abril 2012

CÁLCULO MENTAL

Este xogo está moi ben para practicar o cálculo mental. Propón resolver operacións de sumar, restar, multiplicar e dividir para ir matando os virus que queren invadir o corpo. Anímate a comenzar e ....MOITA SORTE!!!!

AS MÁQUINAS

Con esta actividade de Wikisaber ides a aprender os  tipos de máquinas e como funcionan.

CONDE OLINOS

Despois de ler na clase" El Romance del Conde Olinos" gustaríame que escoitedes como soa cantado. Espero que vos guste e que intentedes aprendelo.