23 diciembre 2013

ACTIVILANDIA

Si o tempo se presenta  moi malo e non podes baixar ao parque a xogar, anímate a visitar Activilandia, o Parque Temático de Hábitos Saudables e Ocio Activo, no que te divertirás a aprenderás a levar unha vida saudable.
Neste parque podes atopar videos,música, coreografías, concursos, xogos...


19 diciembre 2013

PARA DIVERTIRSE

Como seguramente haberá moitos días de chuvia nestas vacacións de Nadal e teredes moito tempo de lecer, picade na imaxe e accederedes a unha morea de xogos, actividades e páxinas interesantes. 

16 diciembre 2013

COÑECENDO AO APALPADOR


Coñeces este personaxe típico do Nadal galego?

Se picas na imaxe obterás información para logo responder ben as preguntas do cuestionario.




13 diciembre 2013

PARA PENSAR

Con este xogo podedes pasar un rato divertido colocando os cubos. A partir do nivel 7 vaise complicando un poco, pero vos podedes superalos todos, ÁNIMO!!!!


11 diciembre 2013

BIBLIORRATONEWS

Aquí está o número especial do xornal da biblioteca BIBLORRATONEWS adicado ao Nadal.


Pasade polo blog da biblioteca para coñecer aos ganadores da proba de ADISCO deste mes de decembro. 

10 diciembre 2013

AS FLORES MÁIS GRANDES DO MUNDO

Verdade que coñecedes estas flores?


  • Recordades os seus nomes?
  • Que característica especial teñen as dúas?


  • Recordades de que continente son orixinarias?

07 diciembre 2013

NÚMEROS PERDIDOS E ESCONDITE MATEMÁTICO

A libreta de contas de Hexamano ten un problema, os números escápanse do seu sitio. Tes que axudarlle a colocalos de novo. Demóstralle que o sabes facer moi ben.


Agora os vedoques Velilla, Hexamano e Manojo xogan ao escondite e ti tes que atopalos dando co resultado das operacións.



Actividades de Vedoque .com

05 diciembre 2013

UN DÍA DE CINE


QUE BEN O PASAMOS !!!!
Hoxe todos os alumnos e profes do cole fomos a Cee a ver a película  

Picando na imaxe ou no título da pelicula entrarás na páxina web, onde podes ver imaxes, videos e un xogo.

02 diciembre 2013

ENIGMA DO MES DE DECEMBRO

Este é o  enigma que nos propón Bibliorrato para o mes de Decembro: "O xornalista desaparecido"
Non esperes máis e ponte mans á obra, so tes 8 días de prazo para resolvelo.


28 noviembre 2013

TEST SOBRE OS ANIMAIS

Comprobade canto sabedes sobre os animais contestando este test.
Recordade que tedes tres comodíns para utilizar en caso de dúbida.

PERIGOSO ANIMAL

Sabíades que un dos animais máis velenosos do mundo é moi pequeno e parece totalmente inofensivo. 
Ollade este video para saber cal é.


      Para saber máis pica AQUÍ

23 noviembre 2013

SUMAS E RESTAS ABN

Agora  podedes practicar aquí a suma polo algoritmo ABN que estivemos facendo estes días na clase.
Desplegando o menu que aparece no lado esquerdo podes escoller tamén a resta.
Ánimo, e todos a practicar!!!!



18 noviembre 2013

AS AVENTURAS DE DONA CASTAÑA PILONGA

Se queredes ver o libro que se publicou na biblioteca cos relatos gañadores do concurso de DONA CASTAÑA PILONGA  picade na imaxe e entraredes no blog da Biblioteca.


15 noviembre 2013

DOCUMENTAIS DE ANIMAIS

Se picades na imaxe atoparedes  un montón de documentais de animais  de DISNEY que vos van a encantar.



14 noviembre 2013

CHUVIA DE PALABRAS

Para conseguir unha maior velocidade lectora podedes practicar con esta actividade. 
Empezade cunha soa palabra  por pantalla e logo  ide subindo ata cinco palabras.



13 noviembre 2013

SUMAS DIVERTIDAS

A ver se sodes quen de realizar as seguintes sumas sen ningún fallo.

07 noviembre 2013

A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA

Para celebrar que estamos en tempo de MAGOSTO, podedes facer esta actividade. Fixádevos ben nos debuxos porque intentaremos facer un comic con este conto.


Esta outra é para aprender moitas cousas sobre o magosto.

 
Por último deixovos este video sobre o OUTONO que ten unhas imaxes preciosas. Fixádevos nas cores desta estación do ano e sobre todo disfrutade coa música de Vivaldi.

03 noviembre 2013

OS NOSOS MONSTRUOS

Para ver as fotos dos nosos Monstruos, pica na imaxe e irás o blog  “Os nosos traballos”



"Mostruo da alimentación"
Elaborado polos alumnos de 3º B

02 noviembre 2013

PASAPALABRA

Para xogar este fin de semana chuvioso cos vosos irmáns maiores ou cos vosos pais, propóñovos este rosco de Pasapalabra sobre coñecemento do medio. 


Vía genmagic.com

01 noviembre 2013

OS CINCO SENTIDOS


Podedes aprender moitas cousas sobre os cinco sentidos con estas actividades do Proxecto Agrega.




30 octubre 2013

PRACTICANDO CÁLCULO MENTAL

Agora imos comprobar quen é o máis rápido no cálculo mental.
Moita concentración e...   a ganar!!!


29 octubre 2013

SAMAÍN

Aquí vos deixo esta actividade sobre o Samaín - Halloween. Podedes facela en galego, en castelán ou en inglés.



Agora xogade a disfrazar a este personaxe.

E por último, unha canción do grupo Mama Cabra que espero que vos guste.

22 octubre 2013

SUMA 10 SUMA 20

Estes dous xogos de VEDOQUE están moi ben para practicar o cálculo mental.
Primeiro Suma 10. Veredes que fácil e divertido é. 


Agora Suma 20.  É un pouco máis dificil pero tamén o ides a conseguir.

21 octubre 2013

ORDEN ALFABÉTICO

Para que poidades practicar a ordenar palabras alfabéticamente, propóñovos esta actividade.
Ao rematar saberedes canto tempo vos levou resolvelo.



Vía chicomanía.com

Tamén podedes practicar con esta outra de 
Gen magic


15 octubre 2013

CARTA DE BIBLIORRATO!!!



Se queres saber todo o que pasa na biblioteca do colexio e enterarte ben de todas as propostas de  Bibliorrato, tan so tes que picar nesta imaxe e entrarás no seu blog.

07 octubre 2013

CONECTA CUATRO

Todos sabedes xogar a este xogo tan divertido. 
Empezade polo nivel facil (easy) e...  a ganarlle ao ordenador!!!

!

ADISCO

Neste curso, como membros que somos de ADISCO (Axencia De Información  Sobre Coñecimientos Ocultos) teremos que investigar moitos casos.
O primeiro é o do "Ensuciador Misterioso".
Estas son as pistas e os tres sospeitosos que nos proporcionou Bibliorrato na última carta que recibimos na hora de ler.



12 septiembre 2013

VOLTA AO COLE

Nenos e nenas de 3º e 4º  
BENVIDOS AO COLE!!!!


Que difícil organizar tanto material escolar!!!!, pero, verdade que fai moita ilusión estrealo?

Para ir quentando motores aquí vos deixo varios xogos de cálculo mental.

Traballemos nesta granxa matemática...


Repasemos a taboa cos estes personaxes...

Defendamos a terra dun ataque extraterrestre...




21 junio 2013

RESTAURANTE FARRUCO

Se queredes ver que tal nos quedou a representación teatral que fixemos deste libro, non tedes máis que picar na imaxe.

12 junio 2013

TESTEANDO HISTORIA

Veña, todos a contestar o test de historia. 
A ver quen consegue a mellor puntuación.


11 junio 2013

A RODA DO SABER


Un samurai quere casar cunha princesa china, pero, para facelo ten demostrar a súa sabiduría superando as preguntas da roda do saber e conseguir o gong de ouro que custodian catro terribles dragóns aos que lle deberá responder dúas cuestións para vencelos.
Queres axudar ao Samarai a conseguir casar coa princesa? 
Pois, pica na roda e... moita sorte!!!

06 junio 2013

RESOLVER XEROGLÍFICOS

Se picades neste xeroglífico, que xa resolvemos en clase ides ir a unha páxina que ten máis para que intentedes resolvelos.


ESCRITURA XEROGLÍFICA

Se queres escribir como os antiguos exipcios pica na imaxe e escribe no teclado que aparecerá. Fixate que hai dous teclados diferentes. 

Agora averigua o que escribín aquí:


02 junio 2013

DE EXCURSIÓN COS DE 6º


Neste video montado por Contadora podedes comprobar que ben o pasamos todos na excursión a Cantabria. Acordeime moito de vos, pensando canto íades disfrutar na neve, na Neocova de Altamira...
Bueno, dentro de dous anos xa vos tocará...

26 mayo 2013

SURCANDO O ENTORNO

Picando nesta imaxen podedes repasar Coñecemento do medio: materias primas e productos elaborados, o ciclo da auga, o esqueleto, os medios de comunicación...