15 diciembre 2015

NADAL NO MUNDO

Para buscar información de como se celebra o Nadal en diferentes lugares do mundo podes picar na imaxe e nos enlaces de abaixo.

23 noviembre 2015

OS DETERMINANTES

Imos recordar todo o que sabemos sobre os determinantes, para que sirven  e cantos tipos hai. Pica no seguinte imaxe para acceder a unha actividade do Proxecto Agrega.





22 noviembre 2015

DIVÍRTETE COA AUGA

Como vos prometín, aquí tedes esta aplicación que vos explica moi ben o ciclo da auga.
Tamén vos propón facer uns experimentos moi interesantes.
Espero que vos guste.
 

04 noviembre 2015

A PIRÁMIDE ALIMENTICIA

OS ALIMENTOS

Esta actividade de Vedoque.com está moi ben para repasar todo o que estamos estudando na clase sobre os alimentos.



27 octubre 2015

XA CHEGA O SAMAÍN

Chegou o outono e con él a vendima, as castañas, as chuvias, as noites longas, vaise a calor e vén o frío: son os tempos de Samaín. E, co Samaín, chega o tempo dos difuntos, das caveiras, das cabazas, de demos, bruxas e curuxas..., é o tempo de PASAR MEDO!!!!

Desfruta escoitando estas cancións do grupo Mamá Cabra. As montaxes dos videos foi realizada polos compañeiros do Ceip Mestres Goldar de Vigo.









Agora a ver se sodes quen de completar un puzzle contestando as preguntas da cabaza. Podes pedir axuda aos teus pais.

25 octubre 2015

EXERCICIOS DE MATEMÁTICAS PARA 3º

Picando na imaxe podes realizar un montón de exercicios de matemáticas. Cando remates cada un deles coñecerás a puntuación acadada.


20 octubre 2015

CÁLCULO MENTAL CON SUMÓN

SUMÓN é un xogo de números no que hai que sumar as cifras que aparecen na pantalla ata conseguir o número indicado. Esto é bastante fácil, pero trátase de conseguir a mellor puntuación posible usando o maior número de bloques e canto máis separados estean mellor. 
Espero que vos guste e que acadedes unha boa puntuación.



          Via: Pizarra dixital interactiva

17 octubre 2015

ACTIVA A TÚA MENTE

Pica na imaxe e empeza a activar a túa mente practicando cos exercicios que che propón o profesor.




05 octubre 2015

CÁLCULO MENTAL. MATH BINGO E OUTROS.

Sabes xogar ao bingo? Supoño que si.
Pica na imaxe e prepárate para xogar e pasalo ben practicando o cálculo mental.
Pica nestes enlaces para acceder a máis actividades de cálculo.

O CORPO HUMANO. VEDOQUE



É unha actividade de vedoque.com

30 septiembre 2015

A TERRA, A LÚA E AS ESTRELAS

  
Actividade de vedoque.com para aprender moito sobre o noso planeta, o día e a noite, a lúa, os outros planetas e as estrelas.

24 junio 2015

CUADERNOS DE TRABAJO PARA EL VERANO

Se che apetece repasar no verán todo o que aprendiches neste curso, deixoche o enlace aos cuadernillos de traballo de 3º e 4º cursos publicados en imageneseducativas.com
Podes repasar todas as asignaturas nun so cuadernillo.

24 mayo 2015

A SÍLABA TÓNICA

Con estas actividades imos repasar a clasificación das palabras segundo a posición da sílaba tónica, porque creo que aínda vos costa un pouco.




18 mayo 2015

EXCURSIÓN A CASA GRANDE DE XANCEDA

Que ben  pasamos o 14 de maio!!!!

Primeiro visitamos a granxa ecolóxica "A Casa Grande de Xanceda" onde traballamos moi duro alimentando aos animais e probamos os iogures tan ricos que elaboran coa leite das vacas felices que viven alí.
Logo no Concello de Mesía, paseamos polo entorno da lagoa para ver a flora e a fauna, visitamos a Aula da Natureza onde nos ensinaron o Museo da Arxilafixemos nos mesmos un lapiceiro que trouxemos de recordo desta marabillosa excursión.
Casa Grande de Xanceda
Museo Etnográfico

Excursión a Xanceda on PhotoPeach

12 mayo 2015

24 marzo 2015

AS HORAS


Todos a practicar co reloxo, é moi facil, pero fixádevos se vos piden a hora AM ou PM.

06 marzo 2015

A FERVENZA DO ÉZARO

O río Xallas desemboca no Ézaro, formando unha fervenza.  Este video foi grabado un día que se abriron as comportas do encoro. 
É espectacular!!!
Video de Mario Rodríguez Gómez

21 enero 2015

MULTIPLICAR Y DIVIDIR CON MARCIANOS

Agora imos xogar aos marcianos.
Moito coidado que nos queren invadir.
Todos a disparar contra as naves invasoras para salvar o noso planeta.




13 enero 2015

MULTIPLICAR EN UN MINUTO

Con esta actividade podedes comprobar o rápidos que sodes coa táboa de multiplicar.