27 octubre 2015

XA CHEGA O SAMAÍN

Chegou o outono e con él a vendima, as castañas, as chuvias, as noites longas, vaise a calor e vén o frío: son os tempos de Samaín. E, co Samaín, chega o tempo dos difuntos, das caveiras, das cabazas, de demos, bruxas e curuxas..., é o tempo de PASAR MEDO!!!!

Desfruta escoitando estas cancións do grupo Mamá Cabra. As montaxes dos videos foi realizada polos compañeiros do Ceip Mestres Goldar de Vigo.









Agora a ver se sodes quen de completar un puzzle contestando as preguntas da cabaza. Podes pedir axuda aos teus pais.

25 octubre 2015

EXERCICIOS DE MATEMÁTICAS PARA 3º

Picando na imaxe podes realizar un montón de exercicios de matemáticas. Cando remates cada un deles coñecerás a puntuación acadada.


20 octubre 2015

CÁLCULO MENTAL CON SUMÓN

SUMÓN é un xogo de números no que hai que sumar as cifras que aparecen na pantalla ata conseguir o número indicado. Esto é bastante fácil, pero trátase de conseguir a mellor puntuación posible usando o maior número de bloques e canto máis separados estean mellor. 
Espero que vos guste e que acadedes unha boa puntuación.



          Via: Pizarra dixital interactiva

17 octubre 2015

ACTIVA A TÚA MENTE

Pica na imaxe e empeza a activar a túa mente practicando cos exercicios que che propón o profesor.




05 octubre 2015

CÁLCULO MENTAL. MATH BINGO E OUTROS.

Sabes xogar ao bingo? Supoño que si.
Pica na imaxe e prepárate para xogar e pasalo ben practicando o cálculo mental.
Pica nestes enlaces para acceder a máis actividades de cálculo.

O CORPO HUMANO. VEDOQUE



É unha actividade de vedoque.com