27 octubre 2015

XA CHEGA O SAMAÍN

Chegou o outono e con él a vendima, as castañas, as chuvias, as noites longas, vaise a calor e vén o frío: son os tempos de Samaín. E, co Samaín, chega o tempo dos difuntos, das caveiras, das cabazas, de demos, bruxas e curuxas..., é o tempo de PASAR MEDO!!!!

Desfruta escoitando estas cancións do grupo Mamá Cabra. As montaxes dos videos foi realizada polos compañeiros do Ceip Mestres Goldar de Vigo.









Agora a ver se sodes quen de completar un puzzle contestando as preguntas da cabaza. Podes pedir axuda aos teus pais.