06 noviembre 2017

O MUNDO ANIMAL

Neste video podemos ver a clasificación dos animais

Neste outro video hai unha boa explicación sobre os animais vertebrados.

Tamén vos deixo enlaces a máis videos que podedes ver en Eduteca


25 octubre 2017

CONTO DE MEDO PARA SAMAÍN


Se picas na imaxe podes escoitar e ler este conto que trata o tema do medo.


XA CHEGA O SAMAÍN

Chegou o outono e con él a vendima, as castañas, as chuvias, as noites longas, vaise a calor e vén o frío: son os tempos de Samaín. E, co Samaín, chega o tempo dos difuntos, das caveiras, das cabazas, de demos, bruxas e curuxas..., é o tempo de PASAR MEDO!!!!

Desfruta escoitando estas cancións do grupo Mamá Cabra. As montaxes dos videos foi realizada polos compañeiros do Ceip Mestres Goldar de Vigo.










Agora a ver se sodes quen de completar un puzzle contestando as preguntas da cabaza. Podes pedir axuda aos teus pais.

18 octubre 2017

COMO FACER LECTORES

Comparto este Decálogo para formar fillos lectores por se vos pode axudar. 
Publicado en Orientación Andújar


03 octubre 2017

OS SERES VIVOS. AS FUNCIONS VITAIS


Este video explicavos moi ben as tres función vitais.




Exemplos da función de relación nas plantas.



22 septiembre 2017

CÁLCULOMENTAL. XOGOS

Sabes xogar ao bingo? Supoño que si.
Pica na imaxe e prepárate para xogar e pasalo ben practicando o cálculo mental.
Pica nestes enlaces para acceder a máis actividades de cálculo.

12 julio 2017

O MAGO DA CIENCIA

Mirade que libro máis interesante atopei con experimentos que podedes ler e logo poñer en práctica, coa supervisión dun adulto.



07 julio 2017

ACTIVIDADES PARA O VERÁN

Como vos prometin o último dia de clase, aqui tedes unhas actividades interactivas para que poidades repasar na casa. 




Tamén deixo uns cadernos que podedes imprimir ou facer as actividades na vosa libreta






06 julio 2017

AVENTURAS INTERACTIVAS PARA 4º

PARA REPASAR E DIVERTIRSE XOGANDO

Aventuras matemáticas

Aventuras de Coñecemento do Medio

Aventuras de Lingua



29 mayo 2017

A LINEA DO TEMPO. A PREHISTORIA

                                       

 Vía: El profesor de geografía y arte


28 mayo 2017

COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Como vos dixen na clase, podedes ir xogando con este puzle que vos axudará a aprender as Comunidades Autónomas. 


Agora probade  a sinalar onde está cada Comunidade Autónoma.
E, por último, averiguade como se chama a Comunidade Autónoma sinalada no mapa.

a
 

11 mayo 2017

CARLOS CASARES

O autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas é...






XOGANDO COA ORTOGRAFÍA

Mirade que actividades máis chulas atopei para practicar a ortografía. 
Podedes aprender e xogar ao mesmo tempo e asi  iredes correxindo as faltas que aínda cometedes ao escribir.





13 marzo 2017

APRENDENDO A RECICLAR

Aquí vos deixo a canción dos "tres erres" e o libro para que aprendades a reciclar moi ben.


08 marzo 2017

CONSUMO RESPONSABLE

Prestade moita atención ao seguinte video para aprender a consumir  dunha maneira responsable e non malgastar os recursos naturais.


04 marzo 2017

AS PLANTAS

 Pedro, que é a semente dun carballo, é dicir, unha landra, vaivos a explicar todo o que tedes que saber sobre as árbores. 
Prestade moita atención a todo o que vos vai explicando. 


Agora premendo nesta outra imaxe e atoparedes información sobre as plantas.

PROBLEMAS

Agora todos a practicar os problemas. 
A ver que nivel sodes capaces de superar.

via playTIC

BERTÍN, O VERME DE SEDA

 BERTÍN, o verme de seda, vaiche contar moitas cousas sobre a súa vida e ademais podes colorear, resolver problemas... e pasalo moi ben.



03 marzo 2017

AS PLANTAS

Este é un libro sobre as plantas  que fixeron os alumnos da aula de 2ºB do curso 2010/11.
A verdade é que lles quedou moi ben. 



15 febrero 2017

A ACENTUACIÓN



Picando nos seguintes enlaces podedes repasar a sílaba tónica e acentuación das palabras agudas, graves e esdrúxulas.


      
        Acentos I


      

14 febrero 2017

NÚMEROS DECIMAIS

Con esta aplicación podedes comprender e practicar o tema dos números decimais.


13 febrero 2017

A DIVISIÓN

Todos a practicar a división!  
Déixovos estas actividades para que comprobedes por vos mesmos o fácil que é dividir. Pero recordade que é moi importante saber moi ben as táboas de multiplicar. 


 .

05 febrero 2017

O RELEVO DE ESPAÑA

Neste outro mapa repasaremos o relevo do noso país.


RIOS DE ESPAÑA

Agora toca repasar os rios de España.
Fixádevos ben porque esta actividade está en castelán.


OCÉANOS E CONTINENTES

Con esta actividade veredes que fácil vai ser aprender os océanos e os continentes.

Agora picade aquí para seguir practicando.


24 enero 2017

FRACCIÓNS

Con esta actividade de Vedoque podedes comprobar se entendéchedes ben o tema das fraccións.



18 enero 2017

MÁIS PLANTAS

Pica nesta imaxe para aprender máis sobre o mundo das plantas. Este traballo foi realizado por un equipo de traballo de 3 alumnas de 5º do colexio Azorín de Alicante. Espero que aprendades moito con él.

Outro grupo de 6 alumnos deste mesmo colexio traballaron os animais. Pica aquí se o queres ver. É moi interesante.
Aproveito para felicitar aos autores destes marabillosos traballos.